domingo, 29 de enero de 2017

Un falar

     
A todos os que corremos polo monte nos gusta máis ou menos o mesmo:
zonas chulas por donde practicar o deporte elixido (senderismo, trail...)
Hai infinidade de probas que se están organizando pro todo o noroeste e tamén no norte de Portugal. Carreiras de todos os tipos: duras, suaves, de correr, de trepar, con desnivel, sin él... hai para todos os gustos, non credes?
Pois ben, tal e como eu entendo isto do monte...para min hai poucas probas que sean TOP. Como decía o outro..: "coa abundancia ven a palla".
Ultimamente, gracias a que cada vez hai máis xente que corre polo monte, estanse organizando carreiras (moitas) ás que eu chamo PUNTO A PUNTO. Son o tipo de probas nas que o organizador atopa catro puntos (ás veces menos) INTERESANTES. Entón xa está montada... adícase a traballar para unir eses puntos e así saelle o percorrido xa acabado. A esa proba podelle engadir ou quitar quilómetros ao gusto, soamente ten que enmendar os enlaces. Estes son enlaces sen interés algún para o corredor (pistas, quilómetros de pistas).

Pois ben, a min non me compensan este tipo de cousas, non me gustan eses tramos de recheo que están ahí soamente por aumentar a quilometraxe ou unir distintas zonas da proba.

Agora me diredes qué claro, isto non é alta montaña, nin sequera media, e así é máis difícil crear un percorrido cun mínimo de quilómetros de boa calidade. Pois tampouco estou de acordo. Tanto en Galicia como en Portugal hai moitas carreiras IMPRESIONANTES en canto ao seu track. Esta xente que se adica a organizar estas probas adica moito tempo en buscar as zonas que a todos nos gustan. Desbrozan, abren pasos imposibles e, en definitiva, preocúpanse de facer o que a todo o mundo lle gusta.

Xa sei que ten que haber de todo para que a xente escolla a nivel físico o que mellor se adapte ás súas pretensións, pero eu non falo de quilómetros nin de nivel físico...eu falo de "emoción".

Emoción de facer un paso imposible (de subida ou de baixada), emoción de pasar por lugares por onde ninguén pasou, emoción de olvidarse do cansazo porque estés pasando por zonas impresionantes, emoción de facer forapista, trepar, saltar, pasar regatos, ríos... Estas son as que me gustan... non fai falla ir a Pirineos, Courel, Picos ou Ancares, destas tamén se poden facer por aquí (da máis traballo claro...)

Pois como dicía antes, hai probas en Galicia e Portugal que reúnen todas esas condicións, porque a xente que as organizan se preocupan de facer as cousas ben e porlle interés.

Esta é unha reflexión persoal, sen máis interés que alguén a lea, sen pretensión de ningunha clase...

Bernardo Coruxo

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free blogger Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | GreenGeeks Review