domingo, 2 de febrero de 2014

COUTADAS TT NOS ABUTRES 2014



Chegou o gran día¡¡ O Coutadas TT tira para Miranda Do Corvo, pa variar tarde, mal e arrastro.... ainda co empacho da cea no estomago e cos nervos de rigor cara á saida. Coas pilas cargadas e impolutos  (e eu de branco....), somos todos os que estamos, pero non estamos todos os que somos..... comezamos¡¡


este é o antes, o despois....
Primeiros km de toma de contacto, un pouco de asfalto e rápidamente comezamos polo paseo e sendeiro, teóricamente planos.... moi divertidos pero moi embarrados con flora e fauna de todolos colores.. algún lince por ali perdido, iso sí,  xa estamos de barro ata as orellas.... coma os porcos do zoo...



Pero rápidamente a cousa ponse seria¡¡ sobre o Km 5-7 (creo) zona rompepernas de subidas durísimas con barro e auga pa aburrir sen un minuto de descanso, sempre atento ó chan pa evitar as trampas varias, sobre todo das raíces, algunhas moi putas.... Xa estamos subindo o 1º alto da carreira: duro, duro... Ó chegar o cumio ven o descenso, que non descanso, moi técnico e con continuos sube e baixa  de uns 10 km, as pernas paracen papilla e estamos a metade de carreira.
Sobre km 30, o todo ou nada, 10 km parriba, sempre bordeando o rio, auga e mais costas.... veña parriba... sen descanso, os xemelgos xa están na nuca¡¡
 Xa somos case escaladores profesionais¡¡ subida durísima e interminable, o final notase polo incrible zumbido dos muiños de vento, chegamos ó punto mail alto da carreira, nigunha árbore, estamos no medio dun puto temporal¡¡ frio, chuvia e vento¡¡ dan ganas de parar e mandarlle uns criollos á brasa dos que lle preparaba a organización xusto no avituallamento.



Quedannos unos 15 km en teoría de baixada... en teoría.. Coma non poida ser doutra maneira, sempre bordeando o rio, paraxes espectaculares, cascadas, presas e bosques milenarios.... Os calambres xa son un fiel acompañante.. putos calambres¡¡

10 últimos km, a votalo resto¡¡ pero... ainda quedaba o postre¡¡ ultima subida do serán, uns 2000 metros como muito, pero verticais, veña.. a escalar outra vez....zona terrible ainda que ben valia a pena. Agora sí, ultimos km, eses sí,  de baixada, xa moi levadeiros pero moi técnicos por sendeiros estreitos, auga e barro, de seguido.

Ultimos km cara á meta por asfalto, e ultima sudida de uns 10 metros, eu, mais os meus calambres, acordamonos de todolos Santos e familia directa.... como costaron... meta¡¡¡ din que una imaxe vale mais que mil palabras.. acabamos fundidos.

Mencion especial para dous menbros de Coutadas que por varios problemas no puideron acabala, fai mais o que quere que o que pode, pero as veces as lesións mandan.


 Ala¡¡ unha speedcroos de porcelana e pa casa¡¡


P

 Carreira simplemente perfecta para o traileiro de pura cepa, sen pistas (as estrictamente necesarias e de enlace), sen asfalto, sen cortafogos, so km e km de sendeiros bordeando o rio e atravesando o corazón da montaña, iso sí, duros e moi técnicos, paisaxes incribles que fan recordarte porque gustan tantos os trails portugueses.

Mencion especial para a organización, circuito moi currado, señalización perfecta e nin un so erro, fan desta carreira a melor que fixen ata agora. Pa 2015 mais¡¡







P.D: Dani e Lolo, os fotógrafos non se fixaron muito en vos...

Saude e km¡¡


3 comentarios:

bernardo.coruxo dijo...

Ruben parece que esta a tirar del un cabalo

Unknown dijo...

si

Alfredo dijo...

Rubén...Enhorabuena por la crónica

Cómo te acuerdas de todo?

Publicar un comentario

 
Design by Free blogger Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | GreenGeeks Review